A Pontenova convértese por terceiro ano na sede do patrimonio lúdico galego

A Pontenova convértese por terceiro ano na sede do patrimonio lúdico galego

25 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Santalla, na parroquia de Vilameá (A Pontenova) acolle este sábado, 29 de agosto, a III Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais. O Torneo Bolo Celta, o Torneo de Chave, o Torneo de Billarda, diferentes modalidades de bolos ou a espectacular exhibición de Corte de Troncos do Club Deportivo 6 Conceyos (Asturias), conforman algunha das múltiples actividades lúdico-deportivas tradiciona

Máis de 20 entidades serán as encargadas de mostrar os xogos e deportes tradicionais máis destacados das súas respectivas zonas, así como de dinamizar a participación das e dos visitantes. Preto de 70 xogos e deportes tradicionais poderanse ver e practicar desde as 11:00 horas ata a 13:30 e desde as 15:00 horas ata as 19:00 horas.

O evento desenvólvese en Santalla, en varias parcelas duns 10.000 metros cadrados, rodeada de alpendres, cabozos, hórreos e monte, sen dúbida nun marco incomparable semellante aos espazos utilizados antigamente para a realización destes xogos e deportes.

O obxectivo desta III edición da Mostra é consolidar as actividades dos dous anos anteriores. Preténdese tamén con este evento concienciar á cidadanía para que non esqueza os xogos e deportes que se practicaban antigamente, e non só iso, senón que os adultos e maiores ensinen aos nenos e nenas como se desenvolven estes xogos e deportes, que conforman o patrimonio lúdico, para que volvan a formar parte do seu tempo de lecer.

Os concertos de música tradicional galega tamén serán un dos momentos máis esperados da xornada con Darbukka, Folkgazais e o Grupo de Música Tradicional da Escola de Música de A Pontenova, que actuarán a partir das 14:00 horas.

A afluencia desta terceira edición estímase nunhas 4.000 persoas.

 

Deportes