As Pontes acolle a XII Festa do Camioneiro

As Pontes acolle a XII Festa do Camioneiro

23 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes e a Asociación do Colectivo de Transportes do Carbón (A.C.T.C.) están a organizar para esta fin de semana a XII edición da Festa do Camioneiro.Réndese homenaxe  aos que día a día viven na estrada, detrás do volante, e na que, ademáis do concello, tamén se involucrará organizativamente o colectivo Transpuerto Ferrol – As Pontes, S.A e a Federación Galega de Transportes. A celebraci&oacu

O programa abrirase o sábado, ás 09.00 horas, coa concentración no barrio da Casilla de tódolos camións inscritos. Ás 10.00 sairá a comitiva polas rúas do municipio ao tempo que se abre unha mostra de turismos, vehículos clásicos e antigos na Avenida da Coruña.

Xa ás 13.00 horas, na Praza de América, terá lugar unha misa na que se lembrarán aos falecidos. Logo virá o xantar popular na carpa que se habilitará no patio do colexio Santa María e que arrincará ás 14.30 horas.

As actividades continuarán pola tarde, ás 18.00 horas, cunha exhibición de karts e coches de rallye pola Avenida de Galicia para continuar ás 22.00 cunha verbena nocturna na Praza de América.

O domingo, no auditorio municipal Alovi, celebranse unhas xornadas adicadas ao mundo do transporte que  inaugura ás 11.00 o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, para continuar ás 11.10 horas coas intervencións da edil de Industria, Montserrat García; o Xefe Provincial  de Tráfico da Coruña, Pedro Pastor, e o presidente da A.C.T.C, Manuel Bouza.

Ás 11.25 horas o Secretario Xeral da Federación Galega de Transportes, José Carlos García, falará sobre o transporte galego de mercadorías, namentras que a presidenta do Comité Galego de Transportes, Carmen Castelao, abordará a importancia das asociacións do transporte no sector. Pecharán a rolda de intervencións  os empresarios do transporte Pedro Vázquez, Andrés Pereira e Julio Reguera que falarán sobre o impacto da crise económica no sector do transporte.

Sociedade