As Pontes aposta por un consumo responsable

As Pontes aposta por un consumo responsable

09 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes, a través da concellería de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), e en colaboura co Servizo Galego de Igualdade, ofrecerá este venres un obradoiro de consumo responsable dirixido ao público feminino, que se suma ao taller xa desenvolvido o pasado mes sobre musicoterapia e que acadou unha gran participación veciñal. A iniciativa que forma parte do plan de actividades da Xunta de Galicia en prol do incremento

Con este taller  preténdese dar a coñecer unha serie de pautas para o consumo responsable, ofrecendo os instrumentos necesarios que permitan identificar tódolos tipos de publicidade e así axudar á economía doméstica. 

Outro dos obxectivos pasa por promover á contribución das prácticas medioambientais e fomentar a solidariedade, dende un punto de vista moi práctico, participativo e dinámico. 

Dende o goberno municipal, o edil José Alén tildou a iniciativa de novidosa xa que é a primeira vez que As Pontes conta cun obradoiro similar. Asemade, o concelleiro deu a coñecer algúns dos contidos deste taller coma o apartado adicado ás rebaixas, nas que se ofrecerán consellos moi útiles para esta época e para gastar pero de forma responsable. 

Por outra banda, tamén se abordarán outro tipo de vendas coma o comercio solidario, a elaboración da lista da compra diaria e da publicidade dos diferentes produtos alimenticios ou a xestión de refugallos, facendo fincapé na importancia da reciclaxe e da separación do lixo.  

As persoas interesadas en tomar parte neste taller tan só terán que achegarse ata o departamento municipal de Servizos Sociais, sito no segundo andar da Casa Dopeso, ou ben telefonar ao 981 44 00 18.  

Sociedade