As Pontes crea emprego

As Pontes crea emprego

04 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

41 veciños do concello de As Pontes terán un emprego por un período dun ano coa posta en marcha da nova escola taller Fontelimpa. Os alumnos formaránse en campos como a xardinería, albanelería e carpintería para recuperar a escola unitaria de Ribadeume e a casa de peóns camineiros de Aparral. Este proxecto, que se desenvolverá no torreón do Conservatorio Municipal de As Pontes, no que se refire á parte teórica, suporá

O proxecto que foi presentado polo delegado da Xunta na provincia da Coruña, Diego Calvo, o rexedor pontés, Valentín González e o edil de promoción industrial, Óscar García, creará nun tempo de crise como no que estamos un importante número de empregos.

A formación teórica impartiráse no Torreón do Conservatorio de As Pontes. O traballo dos alumnos servirá ademáis para rehabilitar dous edificios do patrimonio histórico do concello pontés. No que respecta á escola unitaria de Ribadeume está previsto facer unha redistribución da pranta baixa para dotala de novas dependencias coma unha cociña ou aseos adaptados a persoas discapacitadas. Do mesmo xeito colocaránse novas portas e ventás en todo o edificio e faránse obras de mellora na planta alta. Asemade, está previsto levantar un local anexo, que fará as funcións de garaxe, e realizar traballos de xardinería nas zonas verdes desta parcela.

A rehabilitación da antiga casa de peóns camineiros do Aparral, solventará ás necesidades dos veciños desta parroquia, que carecen de local social. Nesta edificación, de case 190 metros cadrados, habilitaránse aseos, unha gran sala de xuntanzas e un pequeno almacén. Repararáse tamén a cuberta e o patio traseiro da edificación.

O concello de As Pontes informou xa aos veciños desta dúas parroquias sobre os proxectos a desenvolver e nos vindeiros días celebrarán novas xuntanzas para consensuar novas alternativas que se pudiesen incluir no proxecto.

Institucional