Pontevedra declara persoa non grata a Mariano Rajoy por prorrogar a celulosa

Pontevedra declara persoa non grata a Mariano Rajoy por prorrogar a celulosa

22 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O pleno do Concello de Pontevedra aprobou hoxe a declaración do presidente do goberno en función Mariano Rajoy como “persoa non grata” por ter prorrogado a autorización á celulosa para ocupar parte da ría pontevedresa nos vindeiros sesenta anos. Segundo o alcalde Miguel Fernández Lores (BNG) un cargo en función non ten competencias nen autoridade para adoptar unha decisión de tanta gravidade. Para Lores, a ría recuperada e o sector t

Votaron a favor da moción o PSOE, En Marea e o BNG. Militantes do PP e directivos de ENCE protestaron de xeito ruidoso no pleno e obrigaron en duas ocasións a suspender temporalmente a sesión celebrada no Teatro Principal da cidade do Lérez. 
Sociedade