Por se chove

Os traballos tentan evitar inundacións cando empecen as choivas.
02 de Outubro, 2019 - 10:24 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello conclúe os traballos de limpeza do río Cádavo para previr inundacións. Gumersindo Galego, sinala que a intervención estendeuse dende o Concello ata as vivendas de Astano.

O Concello de Fene vén de concluír os traballos de limpeza do río Cádavo. A intervención centrouse tanto no cauce como nas beiras do río e, con ela, búscase previr desbordamentos e inundacións, especialmente no vial da rúa da Fraga (Perlío), derivados das intensas choivas do inverno. Os traballos, que contaron coa pertinente autorización de Augas de Galicia, contemplaron a limpeza das beiras e cauce do río dende o estanque do Concello ata as casas de Astano e precisaron dun investimento cercano aos 11.000 euros procedentes de fondos municipais.

Institucional

Publica o teu comentario agora