Por terra, mar e aire

Por terra, mar e aire
28 de Maio, 2020 - 11:40 h. | Publicada por Radio Fene

Pili Seijo moveuse pola vida en todos os medios de transporte, agás a bicicleta. Non quere saber nada dela.

ESCOITA O PODCAST:

A pé, en lancha, tren, autobús, coche particular e avión. Por terra, mar e aire moveuse Pili Seijo Formoso a veciña de Perlio que esta semana participou activamente no Obradoiro “Recordando o noso” dos Servizos Sociais municipais que este curso aborda os medios de transporte. A pé a Chamorro, en lancha a Ferrol coa súa avoa, unha vez ao mes para cobrar a pensión. O tren para ir á praia a Cabanas ou á discoteca a Miño. No Ideal a Pontedeume para sacar as fotos. O taxi para os retornos a altas horas. Ata que Pili sacou o carné de conducir e xa non se apeou do seu vehículo. A relación de Pili Seijo cos medios de transporte ven ser a historia das últimas décadas nas que o transporte público foi fundamental durante moito tempo pero a chegada do automóbil cambiou os hábitos da cidadanía. Con moita graza e dun xeito moi ameno, Pili Seijo cóntanos anécdotas con todos estes medios, “todos de catro rodas” agás o avión. Da bicicleta nunca quixo saber nada. E polo medio citounos a Andrés Dobarro, Camilo Sexto, Juan Pardo, Rafaela Carrá e Rocío Durcal que cantaron no Perla, ao lado da casa, e á rubia platino de Los Tres Sudamericanos que lle firmou un autógrafo e se retratou con ela no Franlaza.

A pedagoga municipal, Mª Xosé Paz coordina as Tardes activas, mentres que ó psicólogo Fernando Bermúdez é monitor dos grupos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora