A por todas

A por todas
19 de Xaneiro, 2021 - 10:50 h. | Publicada por Radio Fene

O obxectivo do Valdetires de futbol sala feminino é o ascenso. Poden soñar con iso en vista dos resultados que foron obtendo na primeira volta do campionato. De momento seguen imbatibles.

ESCOITA O PODCAST:

O seu obxectivo é ascender á máxima categoría. Ben pode aspirar a iso o Valdetires da segunda do fútbol sala feminino, dados os datos cos que rematou a primeira volta. É líder con 20 puntos, a cinco do segundo clasificado, o Fisgón. O seu adestrador, Fran Toba, fala dun inicio bastante bo e sen derrotas, cumplindo pouco a pouco obxectivos. Estamos diante dun equipo que mestura veteranía e xuventude, grazas a un filial que aporta xogadoras novas. “Aínda que as veteranas, como Erika ou Diana, non teñen os 30 anos” afirma Toba.

O campionato é complicado porque hai oito equipos en cada grupo. Deses oito, clasifícanse catro. Catro do grupo 1A deben enfrontarse contra catro equipos do grupo 1B onde están País Vasco, Asturias, La Rioja e Pamplona. Os catro primeiros clasificados poderán optar ao play off. O equipo campión aínda deberá disputar outro play off cos cos primeiros dos outros grupos. “É complicado, afirma Toba, porque hai que pasar catro eliminatorias para ascender”. Por iso a vitoria fronte ao Castro, un dos mellores do grupo, no último encontro foi un bo empezo da segunda volta.

Toba declara prudente que, se non teñen baixas, poderán seguir adiante co obxectivo. "O ascenso é complexo pero temos iso na cabeza para chegar á primeira división que é onde debemos estar”. En relación co posto que ocupa o fútbol sala en Galicia, como deporte feminino, apunta o adestrador do Valdetires que cada vez hai mais equipos nas categorias nacionais, que isto vai a máis. “Non é como o fútbol feminino, máis mediático e con maior repercusión, pero non podemos queixarnos”.

Mentres, seguen lidiando co coronavirus que non estragou a súa carreira. Só tiveron un caso na familia dunha xogadora, pero directamente non lles afectou de momento e vano sorteando ben.

Deportes

Publica o teu comentario agora