Por todas as mulleres, ímos á folga

Unha folga de coidados, laboral, de consumo e estudantil está convocada o venres 8 de marzo
05 de Marzo, 2019 - 01:45 h. | Publicada por Radio Fene

Por todas as mulleres, por todos os dereitos: Revolta feminista! É o lema que a plataforma Galegas 8M escolleu para a conmemoración do Día da Muller, o próximo venres 8 de marzo. En Ferrol a manifestación sairá ás 19h da praza Amada García (edificio da Xunta).

ESCOITA O PODCAST:

Unha folga de coidados, laboral, de consumo e estudantil está convocada mañá 8 de marzo Día Internacional da Muller. A plataforma Galegas 8M chama ás mulleres a parar, no traballo e na casa. Un paro internacional para reclamar un mundo diferente, no que o dereito a vivir unha vida digna se coloque no centro da axenda política, económica e social.

Por qué unha folga de coidados?

Porque sobre a muller recae todo o traballo “invisible” de coidados de toda a familia. Trátase de visibilizar o 8 de marzo, diante do entorno familiar e diante da sociedade o traballo non remunerado que realizamos a cotío:

Xestión da manutención.

Coidados ás crianzas.

Coidados dos maiores

A limpeza.

Unha sociedade xusta sería aquela na que todo isto sexa tarefa de tod@s. Galegas 8M pide ás mulleres algo moi sinxelo de facer, colgar do balcón ou fiestra, un mandil, todo un símbolo do traballo invisible que fan as mulleres e que sustenta a vida de tod@s. E asistir ás manifestacións que haberá en todas as cidades galegas. A de Ferrol sairá ás 19h da Praza Amada García.

Sociedade

Publica o teu comentario agora