ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Xunta de Galicia inicia as obras de mellora do firme na estrada da Palma ao seu paso por Barallobre. O accidente do camión, ocurrido o pasado 13 de agosto, acelerou a corrección do firme.
A Xunta de Galicia reparará a estrada da Palma en Barallobre para mellorar o firme e evitar accidentes como o ocurrido o dia 13 de agosto á altura dos números 111 e 112 da estrada da Palma, no lugar do Piqueiro, cando un camión perdeu a carga e os troncos de madeira esnaquizaron os peches de dúas vivendas, dous báculos do alumeado público e outro de sinalización.
A empresa Francisco Gómez e Cia iniciará mañá as obras de bacheo nas zonas onde o peralte está defectuoso. A vindeira semana aplicarán no firme un microaglomerado asfáltico especial para evitar os deslizamentos. As obras executaranse na AC133 entre os puntos kilométricos 250 e 340. Porase o asfalto rugoso no tramo que vai da curva do Piqueiro, onde se produciu o accidente, ata a ponte da vía do tren nas cercanías do monumento ao Camiñante. Outro tramo que se someterá ao mesmo proceso serán as curvas de Cernadas, desde o hipermercado Dia en dirección ao Penedo.
Esta mañá responsables da Xunta e da empresa adxudicataria reuníronse co alcalde de Fene para darlle o visto e prace ás obras. A sinalización de reducción da velocidade xa foi instalada nos dias posteriores ao accidente. A execución das obras farase o martes ou mércores da semana que ven.
Publica o teu comentario agora