Por unha Sanidade “cen por cen” pública

Por unha Sanidade “cen por cen” pública

24 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Segundo explicou a Radiofusión un dos portavoces do colectivo, Miguel López, nos últimos orzamentos autonómicos, a Xunta destina unicamente cen mil euros ao Plan Director de Ferrol (cando estaba presupostado máis dun millón de euros), ademais de que se reduce en trinta e seis millóns o presuposto global do Sergas. Tamén critica a Plataforma o feito de que en Ferrol se sigan derivando pacientes á sanidade privada ou a outras áreas sanitarias “por non desenvolver servizos tan necesarios coma o de cardioloxía ou nefroloxía”.

 

Para Miguel López, o problema de fondo é que “se está tentando desprestixar á Sanidade pública, privatizar servizos e derivar á privada determinadas prestacións que ate o de agora cubría o Sergas.”. Ademais, engade que o panorama futuro é malo porque “xa se fala de construir os novos centros de saude previstos para a comarca a través da iniciativa privada (en Ares, Capela, Cedeira e Narón)”. Para este portavoz da Plataforma, as consecuencias desta decisión serán nefastas porque as novas infraestructuras “sairán máis caras, se construirán en peores condicións e se privatizarán parte dos seus servizos”.

Sociedade