Portas abertas

O luns dia 25 de novembro entra en funcionamento o centro de dia Afago
20 de Novembro, 2019 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe é dia de portas abertas no novo centro de dia de Fene, Afago. O luns porase en funcionamento, unha vez obtivo o visto e prace da Xunta de Galicia.

ESCOITA O PODCAST:

Xornada de portas abertas no novo centro de día Afago, na avenida Marqués de Figueroa, 39 en Perlío, Fene. As instalacións visitaronse esta mañá de dez a unha do mediodía e pola tarde poderán visitarse aínda de cinco a oito. O centro empezará a funcionar xa con normalidade o vindeiro luns, unha vez que a Xunta de Galicia realizou a inspección do local e deu a autorización definitiva para a apertura.

O seu xerente, Rubén Fontenla, recibiunos esta mañá no centro que se presenta espacioso e luminoso, preparado ata o último detalle  para recibir aos primeiros residentes. En Afago realizaranse procesos de rehabilitación porque o terapeuta ocupacional Rubén Fontenla insiste na posibilidade de recuperación de persoas que non se visten ou non se bañan solas. Informanos que aínda hai prazas vacantes.

A calefacción quedaba acesa e todo colocado no seu sitio, preparado o primeiro centro de dia de Fene para recibir aos seus residentes. O horario habitual de apertura será de oito da mañá a oito e media da tarde. Disporán de transporte a Fene, Ares, Mugardos, Pontedeume, Cabanas, Neda A Capela, Narón e Ferrol.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora