Portas abertas para admirar a remozada Casa das Ciencias da Coruña

Portas abertas para admirar a remozada Casa das Ciencias da Coruña

30 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O único punto de Galicia no que se poden ver as estrelas todos os días, independentemente do tempo que faga, está no parque de Santa Margarida da Coruña. E non é un lugar ao aire libre. O milagre prodúcese cada vez que se pon en marcha, como ven facendo dende hai 23 anos o planetario da Casa das Ciencia, un museo pioneiro na súa concepción e que ven de reabrise ao público logo da máis importante reforma da súa historia. Xosé

A entrada ao edificio ata este domingo será libre, co obxecto de que a cidadanía se anime a coñecer as novas dotacións do museo que, xunto con novas atraccións, inclúe mellores accesos para as persoas discapacitadas.

A rede de museos de ciencia da capital herculina, que se distinguen polo seu carácter interactivo, complétase coa Domus ou Casa do Home e o Aquarium Finisterrae. O conxunto de exhibicións destinadas ao coñecemento científico completarase co Museo Nacional de Ciencia, cuxa sede central adxudicou o Goberno español á Coruña. Segundo Xosé Antón Fraga, podería abrir as súas portas en 2011.

Sociedade