Posta a punto da nosa saúde

Posta a punto da nosa saúde

06 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, dentro do Programa Ordes Saudable que xestiona a Concellería de Sanidade, vai a instalar mañá xoves 7 de abril unha Carpa da Saúde na Alameda da Vila de Ordes para celebrar o Día Mundial da Saúde.

Unha carpa na que persoal do Centro de Saúde de Ordes e do Colexio Oficial de Enfermería da Coruña revisarán de balde a tensión arterial, o peso e os niveis de glucosa dos veciños e veciñas de Ordes que se acheguen pola Alameda entre as 11 e 14 horas e as 16 e 19 horas. Nesta iniciativa tamén colaboran Agedo (Asociación Galega de Enfermos para a Doazón de Órganos) e a Irmandade de Donantes de Sangue de A Coruña participando cunha mesa informativa sobre a doazón de órganos e sangue. 

Segundo palabras do edil de Sanidade, Jesús Pedreira, “a saúde debe conservarse, posto que é un dos puntos máis críticos do benestar humano e do desenvolvemento económico".

Sociedade