Potencia cultural

Potencia cultural
14 de Marzo, 2024 - 05:53 h. | Publicada por Radio Fene

"O Concello de Fene impulsa a igualdade real de mulleres e homes, que é o que teñen que facer as administracións", remarcou en Radio Fene o concelleiro do BNG Manuel Polo sobre a conmemoración do Día da Muller. Salientou “a potencia cultural de Fene”. "Con poucos cartos e pouco autobombo temos o mellor mural do mundo, outros con millóns de euros anuncian as mellores luces. O protagonismo teno o Perla Mural Fest. Sacamos petróleo dunha parede medianeira cun patio de luces”, destacou. 

ESCOITA O PODCAST:

"Temos moitísima obra en carteira", di o concelleiro ao comentar a axenda da Concellería que dirixe, ao tempo que lamenta a lentitude da burocracia. “Por exemplo a área recreativa de San Valentín, as beirarrúas do camiño do Regueiro, de San Valentín cara Neda, obras de saneamento na Lagarteira, no Feal, o Camiño de Mundín, en Limodre que vai quedar ao 100% con auga”. 

Burocracia e choivas torrenciais deste inverno condicionan a planificación de obras. “Moito saneamento da avenida Naturais e Marqués de Figueroa, que ten máis de cincuenta anos, deteriorouse coas choivas, creando problemas nos baixos”. En 2018 había cartos da Deputación para quitar as tubaxes de fibrocemento no cruce de Fene, a subvención perdeuse pola tardanza das autorizacións “non chegaron ata este ano, a Xunta e o Estado pasaron dous anos debatendo polos marcos das estradas”. A actuación retomarase agora. “Temos o compromiso da Deputación de incluíla no POS Adicional, farémola a finais deste ano ou o seguinte”, anunciou o concelleiro. “De fibrocemento queda un 3% en todo o municipio, o Concello de Fene leva facendo investimentos moi importantes desde 2005”.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora