A potencia do directo de “Habitación 92” no Torrente Ballester

A potencia do directo de “Habitación 92” no Torrente Ballester

02 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo ferrolán de pop rock “Habitación 92” actúa este xoves no Torrente Ballester dentro do ciclo “Novas Noites”. A banda naceu no Nadal de 2007, cando Pantxo e Chisco, antigos membros do grupo Polos Opuestos, deciden poñer en marcha un novo proxecto. A eles se unirían  Ismael Miján e Ernesto Martínez.

Tras o seu debut en 2008 “Habitación 92” arestora presenta un son distinto, máis maduro, fresco e intenso. O seu repertorio está composto de 13 temas para tocar en directo e tres versións de Pearl Jam, Radiohead e Ramones.

Entre as súas influenzas atópanse o movemento Seattle, grunge ou Radiohead. As súas bazas son un directo potente, con moita pegada e música de calidade.

Actualmente os ferroláns están a gravar a súa primeira maqueta nos estudos de Víctor Gacio para logo xirar polos locais de todo a península.

O concerto de  “Habitación 92” este xoves, 5 de novembro ás dez da noite na Capela do Torrente da Ballester. O prezo da entrada ascende a 5 euros.

Sociedade