Pouco falta para a escola en galego

Pouco falta para a escola en galego
22 de Xaneiro, 2019 - 01:01 h. | Publicada por Radio Fene

Quedanlles trinta e duas horas e levan recaudados 56.200 euros. Fáltanlles só tres mil euros para conseguir o obxectivo. Semente Trasancos quere unha escola en galego. Iria García afirma que os 60.000 euros permitiríalles realizar a compra do inmoble no Roxal en Neda ao que xa lle teñen botado o ollo. Unha casa e un terreo de 5000 metros cadrados.

ESCOITA O PODCAST:
Iria García e Lidia Pena, de Semente Trasancos

Semente Trasancos impulsou hai tres anos unha escola infantil en galego en San Mateo en Narón. Agora queren reunir financiamento para darlle continuidade co ensino primario. O prazo marcado pola web goteo para reunir as achegas finaliza as doce da noite do mércores 23 de xaneiro.

Cultura

Publica o teu comentario agora