Povo unido, posible denominación da coalición de esquerdas

Povo unido, posible denominación da coalición de esquerdas

06 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Organizar a rebelión cívica e democrática en Galicia”. Ese é o principal obxectivo da coalición entre Anova e Esquerda Unida, segundo a concelleira ferrolana Yolanda Díaz. Diaz indicou en Radiofusión que traballan coa formación liderada por Xose Manuel Beiras para establecer un protocolo de relación entre as organizacións, a denominación da coalición, as candidaturas e un programa. Compromiso por Galicia to

Anova e Esquerda Unida terán que pechar en menos de 48 horas coalición, programa e candidaturas. As asambleas comarcais das duas formacións políticas refrendarían a vindeira semana os acordos dunha coalición que podería denominarse Povo Unido. Compromiso por Galicia debate esta tarde a posibilidade de sumarse á coalición electoral de Anova e Esquerda Unida. A presentación da coalición diante da Xunta Electoral terá que producirse antes das doce da noite do venres, ainda que as formacións políticas implicadas indican que a vindeira semana consultarán ás súas bases sobre o programa e as candidaturas e mesmo en torno á participación na iniciativa.

Sociedade