PP e PSdeG desbotarán a ILP contra o plus dos altos cargos

PP e PSdeG desbotarán a ILP contra o plus dos altos cargos

03 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As 19.000 sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que pedirá a vindeira semana no Parlamento a supresión do chamado plus dos altos cargos nada poderán facer contra os votos dos grupos socialista e popular no Parlamento, que avanzaron a súa negativa á proposta. O debate dunha moción do BNG no mesmo sentido na comisión parlamentaria, coa que pretendía enmendar a previsión orzamentaria para ese capítulo e cuxo custe estiman en dous

O voceiro parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leicega, explicou en Radiofusiòn que a súa negativa é unha cuestión de “coherencia” porque a medida, que serviría para que a Administración contratase aos profesionais máis cualificados, fora aprobada a iniciativa do PP baixo o mandato do bipartito. Leiceaga non desbota que se poida retocar no futuro.

Por parte do Partido Popular, o seu responsable de políticas económicas, Pedro Puy, declarou ás Emisoras Municiapis que eles xa deron exemplo de austeridade “metendo tesoira nos gastos non produtivos”.

Institucional