Prácticas abusivas de bancos e caixas

Prácticas abusivas de bancos e caixas

20 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Vas asinar unha hipoteca cun tipo de interese variable, fixado no Euribor máis 0,5 ou 0,75%. Pero o banco ou caixa inclue unha claúsula indicando que o tipo nunca pode baixar do 4%. Así o cliente non se beneficia da caida do Euribor situado na actualidade no 1%. Adicae considera esas claúsulas abusivas e por iso presentou denuncia contra esa práctica bancaria.

Os cartos da nómina pódenlle minorar moito a todos os que subscribiran unha hipoteca nos últimos tres anos. De ser así é posible que o seu contrato co banco inclúa unha cláusula chan que lle impide beneficiarse dos descontos propiciados pola caída do euríbor. A asociación de usuarios de banca Adicae vén de denunciar a 22 entidades financieiras, entre as que se atopan Caixa Galicia, Caixanova, Banco Gallego e Banco Pastor por unha práctica que consideran abusiva.

Sociedade