A praia de Almieiras está apta para o baño, segundo o alcalde fenés.

A praia de Almieiras está apta para o baño, segundo o alcalde fenés.

22 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Solucionado o problema do emisario submarino de Limodre. O alcalde de Fene confirmou esta mañán que o problema dos verquidos está solventado, despois de agardar sete dias de probas para dalo por acabado. As obras da EDAR que dará servicio á banda sur da ría serán a solución definitiva ao problema da depuración dos verquidos, segundo Ivan Puentes. A xente poderase meter na auga con normalidade xa na Semana Santa, segundo o alcalde fen&eacut

En relación precisamente coas obras da canalización da rua da Palma para conectar coa EDAR en Ares, Iván Puentes, afirmou esta mañán que son moi deficientes e o asfalto provoca moitas molestias á circulación. O concello deu un toque de atención á Xunta de Galciia para que alivie as molestias e ao final asfalte a estrada para unificar a calzada.

Puentes referiuse no espacio As Foxas de Radiofusión aos Orzamentos deste ano, atacando ao PP por "inconsciente" ao rexeitar as contas. En relación ás conversas co BNG, estas continúan, e agardan chegar a un acordo antes de fin de mes.

O alcalde fenés anunciou que o novo Plan E debe ter licitadas as obras no mes de Abril. Queda por inaugurar do plan anterior o parque lineal de Vilanova ao que lle falta a xardinería que por culpa do tempo non se puido facer. Na mesma comparecencia, o alcalde califica de “chorrada” ás reiterativas críticas do PP sobre o mantenemento da mediana das Pías, que reclama prantas permanentes e non de temporada. Puentes afirma que o coste dese traballo é mínimo e non un derroche.

A construcción dos vestiarios do campo dos Pinares estará lista no mes de setembro para a nova temporada da liga de futbol. Investiranse 300.000 euros para os vestiarios mais 60.000 da iluminación. 100 mil invistense no chan do pavillon do Ramo.

Sociedade