A praia de Almieiras xa é apta para o baño

A praia de Almieiras xa é apta para o baño

06 de Agosto, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As analises realizadas pola Consellería de Sanidade o pasado luns permitiron a declaración da auga da praia de Almieiras en Limodre como apta para o baño, segundo explicou o alcalde de Fene Juventino Trigo no Pleno que a Corporación celebrou na tarde do mércores. O voceiro do Partido Popular Gumersindo Galego criticou o que considerou como "alarma excesiva" por empapelar o entorno da praia, xusto o dia anterior da Festa Vikinga.

Galego manifestou a súa estraneza polo resultado das analises. "Cando o emisario submarino soportaba os verquidos de todo Limodre e de parte de Vilar do Colo, nunca deu niveis alarmantes, e vainos dar agora que só recolle tres ou catro casas que non se puideron conectar á estación de bombeo". Juventino Trigo manifestou compartir a súa extraneza, indicando que as tomas de auga para as analises non se colleron na praia, senón onde as correntes traen a auga do Rio Castro. O xurro dalgunha leira puido ter provocado os elevados niveis de Escherichia coli e de entreococos intestinais, detectados nas analises da Xunta de Galicia. No que respeita ao bando publicado, o alcalde sinalou que o Concello limitouse a cumprir as indicacións recibidas da Consellería de Sanidade.

Sociedade