A praia de Rio Sandeu, aínda impracticable

A praia de Rio Sandeu, aínda impracticable

28 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A praia de Rio Sandeu está impracticable e agora retrasase a data de inauguración un mes con respecto á data orixinal, do 15 de xuño ao 15 de xullo. O presidente da AVV de Limodre contounos dende o lugar de Rio Sandeu cómo van as obras. Segundo Suso Bello, a praia está impracticable e de baixada de acceso nada de nada.

O presidente da AVV de Limodre informaba a Radio Fene esta mañán que continua enfadado por non poder dispor do proxecto de rehabilitación da praia que leva a cabo a Dirección Xeral de Costas. E moito máis enfadado porque, segundo as suas palabras, as pedras de cantería que ían disimular o muro de formigón construido por riba do areal, son de cor branca, artificiais, e para nada entonan co contorno. Segundo observou Xesús Bello, estes dias hai moitos obreiros e excavadoras apurando o remate das obras pero non cré que sexa este verán cando disfrutemos da praia de Rio Sandeu. Agora hai outra data de referencia para a apertura, o dia 15 de xullo.

Sociedade