Prato, neveira e lixo

Prato, neveira e lixo
24 de Outubro, 2018 - 10:55 h. | Publicada por Radio Fene

Tres claves para reducir a obesidade e o sobrepeso apunta o psicólogo José Barcia no espazo Vilanova de Radio Fene. “Hai que estar atentos ao prato –que se pareza ao que nos facían as nosas avoas- á neveira –con moitas cores de alimentos frescos- e ao lixo –con poucos envases plásticos” salienta Barcia.

ESCOITA O PODCAST:
Participantes de Fene na Carreira da Muller da Coruña. 2018

As cifras apuntan a que unha de cada oito mulleres terá un cancro de mama. Con todo, a pesar do avultado do dato, a esperanza na curación é cada vez maior: pasouse dunha supervivencia do 75% nos anos noventa a unha supervivencia do 95% na actualidade. Expertos advirten que non existen dietas anticancro, que non podemos atopar “alimentos milagre”, como tampouco hai alimentos que por sí só, produzan a doenza.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora