A Praza e o Palacio

A Praza e o Palacio

07 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

"A praza e o Palacio: Construíndo a rebelión cívica" é o suxerente título dun debate que se celebrará o venres 10 de maio ás 20:00h no IES Santa irene de Vigo. O convite chega dende a área de movementos sociais de Anova-irmandade Nacionalista na cidade olívica.

Trátase dun Diálogo coa cidadanía e os movementos sociais. Como ten que ser unha organización política no tempo do descrédito dos partidos clásicos? Como podemos superar a atomización do movemento social para dar respostas efectivas ao fascismo financeiro? É posíbel o partido-movemento? Son algunhas das cuestións a responder.

Na mesa de debate estarán:
Martiño Noriega, alcalde de Teo e responsábel de relacións institucionais de Anova IN
David Fernandez Calviño, deputado de AGE no Parlamento de Galiza
Tereixa Otero, activista da Marcha Mundial das Mulleres e Salvemos Monteferro

Sociedade