Premio á inspiración

O equipo de A Xunqueira de San Valentín alzouse co segundo premio á Inspiración na
26 de Marzo, 2019 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

O equipo "Emotional Tricks" do Colexio A Xunqueira de San Valentín participou a pasada fin de semana en Tenerife na fase final da First Lego League. O seu prototipo axudaría aos astronautas a seguir en contacto co seu medio e cos seres queridos que deixa na terra.

ESCOITA O PODCAST:

O equipo "Emotional Tricks" do Colexio A Xunqueira de San Valentín participou a pasada fin de semana en Tenerife na fase final da First Lego League. Volveron 2º premio á inspiración. E co trofeo en man chegaron á Fenestra de Radio Fene para contarnos como foi a experiencia nas Illas Canarias. Sergio, Bea, Candela, Lucía, Carlos, David, Marçal, Icía e Alba son alumnas e alumnos de 2º e 3º ESO.

Contaron que a experiencia na final das illas Canarias foi maravillosa porque coñeceron a moita xente e bailaron sen parar. A experiencia académica foi extraordinaria e queren repatir o curso que ven. A algún valeulle para decidir o que quere facer no futuro. En conclusión, que experiencias como esta fan que o alumnado se colgue do seu centro e desexe aprender máis e máis.

Escoitade aquí aos rapaces e rapazas do colexio A Xunqueira (Fene) explicando a súa visión da First Lego League, con berro de guerra incluído.

Cultura

Publica o teu comentario agora