Premio Mondoñedo Universal

Premio Mondoñedo Universal
09 de Outubro, 2019 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

O escritor fenés Ramón Loureiro recibe o Premio “Mondoñedo Universal” o próximo dia 18 de outubro no salón de plenos do concello de Mondoñedo. A contorna cultural mindoniense ofreceralle unha homenaxe por elexir a esta cidade como un dos principais escenarios da súa obra literaria.

ESCOITA O PODCAST:

O escritor Ramón Loureiro, nomeado polo concello de Fene "Fenés do ano" en 2014, recibirá o 18 de outubro o Premio “Mondoñedo Universal”. No acto haberá un coloquio sobre a súa última novela “Al rey de los angeles”. Acompañarán ao autor, Santos San Cristobal do Museo Diocesano de Mondoñedo e Francisco Rodriguez Iglesas, de Hercules de Ediciones. Entregaránlle o galardón o venres dezaoito de outubro ás once e media da mañá no salón de plenos do Concello de Mondoñedo.

O dia 19 de outubro a catedral de Mondoñedo cumple 800 anos e o celebrarán alí os bispos de toda Galicia e do arzobispo de Braga.

Ramón Loureiro estivo en Radio Fene (na imaxe co director de Radio Fene) vai para un ano cando presentaba “Al rey de los Ángeles” Daquelas confesou que agardaba fose o libro que pechase todo o ciclo literario anterior , conformado por As Galeras de Normandía, La asombrosa conquista de la isla Ballena ou os Diarios, e que fose unha especie de testamento da súa obra literaria. Foi premonitorio. Ramón Loureiro xa é Premio Mondoñedo Universal. Parabens.

Cultura

Publica o teu comentario agora