Premio para Flor Maceiras

Premio para Flor Maceiras
10 de Marzo, 2020 - 02:40 h. | Publicada por Radio Fene

Flor Maceiras é unha muller de teatro. O recoñecemento fai xustiza a unha vocación e bo facer.

Flor Maceiras recibirá o Premio de Honra Marisa Soto na gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares. A Xunta Directiva quere recoñecer o labor inxente dunha actriz e docente cuxa traxectoria se pode definir polo seu amor incontestable pola escena, que Flor Maceiras lle transmite ás novas xeracións de profesionais do noso oficio dende a Escola Municipal de Narón, institución referencial no sector. Percorrer a súa traxectoria interpretativa é percorrer gran parte da historia do teatro profesional en Galicia. Estas dúas dimensións, a de docente e a de actriz, converten a Flor Maceira nun elo fundamental do pasado, do presente e do futuro da nosa profesión.

Cultura

Publica o teu comentario agora