Prensa dixital e autocopistería

Prensa dixital e autocopistería
16 de Setembro, 2019 - 01:16 h. | Publicada por Radio Fene

Unha prensa dixital preparada para todo tipo de papel e con calidade de imprenta. Autocopistería cun ordenador a disposición do público para imprimir traballos en branco e negro ou a cor. Eses son os servizos de Las Tintas de Mata, un establecemento que ven de abrir as súas portas na Praza da Escola de Perlío.

ESCOITA O PODCAST:
Juan Carlos Rodríquez Matamoros

O xerente de Las Tintas de Mata é Juan Carlos Rodríguez Matamoros. Realizan serigrafiados en camisolas, cuncas, vinilo téxtil, sublimación e decoración de motos, coches e furgonetas. Unha gran máquina Cadet Plus permítelles cortar e imprimir plotters en todo tipo de soportes, preparados tamén para exteriores.

Sociedade

Publica o teu comentario agora