Prepárase a festa do fútbol local

Prepárase a festa do fútbol local
15 de Maio, 2023 - 10:31 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío e o Maniños disputarán este mércores ás cinco e media da tarde no campo dos Pinares a semifinal da Copa da ría. "Coas nosas armas intentaremos chegar á final" afirma o adestrador do Perlío Gonzalo Beceiro. Técnico e xogadores veranse as caras mañá martes para falar e facer algún exercicio suave. "Eles darano todo" advirte o míster do Maniños Pablo Mesa.

ESCOITA O PODCAST:

Gonzalo Beceiro, adestrador do Perlío

http://173.255.131.18/audio/150523BECEIRO.mp3

O míster do Maniños, Pablo Mesa

http://173.255.131.18/audio/150523MESA.mp3

Fotografía Xan Xe

O Perlío rematou a Liga na primeira posición da fase de ascenso, con vinte tres puntos e seis de vantaxe sobre o segundo clasificado. Logra o ascenso directo e festexará o obxectivo logrado nunha data aínda por confirmar. Onte domingo, no último encontro da competición, Narahío 3 - Perlío 4. 
A traxectoria non val de nada
"Nun partido como o de mércores non val de nada a traxectoria de cada equipo, haberá rivalidade e moito público, eles darano todo e nós temos que superar o feito de xogar fora da casa e desconectar da longa tempada de Liga" afirma o adestrador do Maniños Pablo Mesa. "O que estea máis acertado chegará á final" conclúe o técnico. No último partido da Liga da Primeira Galicia de fútbol, xogado o pasado sábado no campo do Pote, Maniños 1 - C.D.Narón 2. "Foi un encontro de baixa intensidade, cos dous equipos que desexaban que rematase rápido, porque era intranscendente para a clasificación" conclúe o técnico. "Logramos manter a categoría que era o obxectivo do clube pero queda un pouco de mal sabor de boca porque desconectamos demasiado pronto dos postos de arriba" salienta Mesa.

 

Na imaxe, Perlio - Maniños. 2021.

Fotografía Xan Xe

 

Deportes

Publica o teu comentario agora