Prepárase a Segunda Feira do Queixo e do Mel de Goente

Prepárase a Segunda Feira do Queixo e do Mel de Goente

15 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes, está a traballar na que será a segunda edición da Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente,  que se celebrará na parroquia de Goente o sabado 9 de outubro. A cita tentará revalidar o éxito acadado na súa estrea o ano pasado na que 800 persoas tomaron parte nun xantar popular e que, este ano volverá ter lugar no programa ideado polos organizadores, o concello e as asociacións veciñais Raíces (Go

Nesta ocasión está previsto repartir unhas mil racións dun menú composto por churrasco, freixós, requeixo e mel, pan e viño e que terá un custo de 15 euros. Amais do xantar popular a festa ofrece outras cousas. A programación desta xornada arrincará ás 10.00 na Casa do Mel de Goente,  cunha conferencia sobre a calidade do mel e que correrá a cargo do director dos Laboratorios Apinevada e secretario do Consello Regulador da DOP Miel de Granada, Francisco José Orantes Bermejo.

Ás 11.00 arrincarán as actividades con inchables para os máis pequenos e diversas exposicións de maquinaria agrícola, artesanía en madeira, cestería, forxa ou lama; ao que se sumará unha exposición de motocicletas de época restauradas por Elías Gabeiras e unha exposición dos pratos gañadores da primeira edición do concurso de receitas elaboradas con queixo e mel.

Ás 12 da mañá leerase  pregón de apertura da feira para continuar co  xantar popular ás 2 da tarde. Asemade, para as persoas que non desexen tomar parte no mesmo pero sí degustar uns saborosos freixós con mel e queixo da comarca, haberá un posto onde adquirir este postre por tan só 3 euros.

Un dúo musical será o encargado de poñer a nota musical á xornada dende as 20.00 horas. Os tickets para poder tomar parte na churrascada popular xa están á venda na Casa do Mel de Goente, nos establecementos Casa Díaz, Casa Valentín, Bar Manola e na estación de servizo de Goente; na Casa Picos da Faeira e en Casa Hermina, no Rego dos Bácaros, por un prezo de 15 euros.

Sociedade