Preparativos da Folga Xeral do 14

Preparativos da Folga Xeral do 14

08 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os sindicatos preparan a xornada de folga xeral do mércores 14 de novembro. As centrais advirten das intencións do goberno de recortar as pensións e do aumento do desemprego. "A reforma laboral está pensada para baixar os salarios, traballar máis horas e poder despedir masivamente de xeito barato, sen dereitos nen garantías para a clase traballadora". Afirmanno así o Secretario comarcal da UXT, Cesareo Fraga, que falou dos preparativos da xorna

As centrais advirten das intencións do goberno de recortar novamente as pensións, o desemprego e as indemnizacións do FOGASA. A unidade sindical non é completa por non sumarse o Sindicato Independente de Funcionarios, cousa que lamentaba esta mañán o repesentante da UXT, Cesareo Fraga, quen agarda aínda  así que o seguimento en Ferrolterra sexa contundente.

As consecuencias da Reforma Laboral están levando ao empobrecemento de moitas familias, segundo os sindicatos. A cidadanía e outros sectores da pequena empresa e do comercio están notando tamén as consecuencias, segundo Cesareo Fraga. Os sindicatos preparan conxuntamente a Foga do dia 14, para a que queda menos dunha semana.

Sociedade