Preséntase en Fene "Arte e trastornos mentais"

Preséntase en Fene "Arte e trastornos mentais"
15 de Setembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A adicción á maquillaxe é unha das patoloxias da exposición “Arte e trastornos mentais” impulsada polo laboratorio de creación artística Laudas Calamity. Este sábado preséntase o catálogo da mostra, nun acto no que tamén se falará dos proxectos de futuro de Laura Bouza. Alumnos e alumnas expoñerán as súas impresións tras ter realizado a intervención artística. Como remate do acto, o grupo Los Junkos ofrecerá un concerto.

Fotografía Xan Xe

As fotografías de Xanxe recollen no catálogo obras de pintura, debuxo, escultura e video-arte realizadas por 142 artistas. Tamén híbridos entre distintas disciplinas como o fotodebuxo e un texto do profesor universitario Alberto Ruiz de Samaniego. Laudas Calamity e Son Radiofusión queren sensibilizar á cidadanía sobre os trastornos mentais, un tema dificil e doloroso sobre o que ainda existen moitos medos, tabús e estigmas. 

O acto comezará ás sete e media da tarde do sábado 16 de setembro de 2023 no Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. As persoas que se fagan colaboradoras de Son Radiofusión www.teaming.net/radiofusion antes das 23,59 do venres 15 recibirán de balde no acto un exemplar do catálogo publicado coa colaboración da área de Cultura da Deputación de A Coruña.

 

 

Fotografía Xan Xe. Exposición na Casa da Cultura de Fene. Xullo 2023.

Sociedade

Publica o teu comentario agora