Preséntase a nova edición do Premio de Poesía Pérez Parallé.

Preséntase a nova edición do Premio de Poesía Pérez Parallé.

07 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, coa colaboración do Concello de Fene e a editorial "Espiral Maior", convoca unha nova edición do Premio Nacional de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé". A gañadora da XXV edición do Premio Pérez Parallé, Marisol Gándara, acude este sabado ao CMI Unidade de Fene para presentar o libro “Testamento poético” co que se fixo co galardó

O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, coa colaboración do Concello de Fene e a editorial "Espiral Maior", convoca unha nova edición do Premio Nacional de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé". O certame organízase co obxectivo de colaborar na promoción de novas voces, polo que para participar é requisito imprescindíbel non ter publicado ningún libro individual de poesía, agás se a súa edición correu por conta do autor/a. As persoas que queiran participar nesta convocatoria terán de prazo até o vindeiro luns 30 de setembro de 2013 para presentar os seus orixinais. Os autores e autoras deberán entregar un libro de poesía en lingua galega cunha extensión mínima recomendada duns 300 versos.

A gañadora da XXV edición do Premio de Poesía Pérez Parallé, Marisol Gándara, acude este sabado ao CMI Unidade de Fene para presentar o libro “Testamento poético” co que se fixo co galardón no pasado mes de novembro. O sabado 11 de maio ás 20.00h comezará o acto da presentación do libro editado por espiral Maior. O acto concluirá coa actuación da Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene, o seu grupo de cantareiras Xerfa e o grupo vocal, como homenaxe a Rosalía de Castro no 150 aniversario de Cantares Gallegos.

Sociedade