Preséntase a novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor

Preséntase a novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor

11 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene- A Coruña- presenta a novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor “Dióxenes en Dolorida”, a novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor, porque foi sede do premio na última edición. A novela de Ignacio Vidal Portabales preséntase o vindeiro martes, 15 de outubro, ás 20 horas na biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé. O acto contará coas intervencións do autor, Ignacio Vidal Portabal

"Dióxenes en Dolorida" novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor, narra as peripecias dun personaxe singular ––misóxino e excesivo–– que chega a unha cidade costeira, Dolorida, tras un fracaso amoroso; vai fuxindo do recordo de Marta. Na vila, tres homes que pasan por momentos delicados das súas vidas deciden seguilo incondicionalmente, asumindo o seu liderado natural. Todos adoitan frecuentar Praceres, un establecemento orixinal que ten especial interese para as mulleres de Dolorida.

A novela, escrita cun estilo áxil e directo e co humor como elemento destacado, ofrece unha visión desenfadada das relacións de parella. Gañadora do Premio Blanco Amor de novela 2012, a xuízo do xurado salienta “pola orixinalidade na construción do personaxe protagonista e pola recreación dun ambiente que flutúa entre o real e o paródico”.

Sociedade