Preséntase o proxecto do Fondo Galego e de Nacións Unidas para o desenvolvemento económico local en Mozambique.

Preséntase o proxecto do Fondo Galego e de Nacións Unidas para o desenvolvemento económico local en Mozambique.

14 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A misión do proxecto é contribuir á redución da pobreza e a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) en Mozambique, promovendo a estratexia de Desenvolvemento Económico Local para dinamizar a economía local de Mozambique e crear emprego.

O responsable no Estado español da iniciativa ART do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), Antonio Zurita, e o presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Alfredo Novoa, presentaron esta mañá en Santiago de Compostela esta nova iniciativa.

Aínda que esta nova liña de traballo está chamada a ser financiada pola Comisión de Cidades e Deputacións do Fondo Galego, que integra as sete cidades e as catro Deputacións de Galicia, no presente exercicio contará co apoio de catro dos seus once membros: os Concellos da Coruña, Pontevedra e Vigo e a Deputación de Lugo.

Institucional