As presas de Alcalá fan teatro en Narón

As presas de Alcalá fan teatro en Narón

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Grupo de Teatro Yeses naceu no antigo cárcere de mulleres de Madrid: Yeserías, en 1985 (de ahí lle ven o seu nome); pasando despois á prisión de Carabanchel Mulleres e na actualidade, ao Centro Penitenciario de Madrid I Mulleres, en Alcalá de Henares. Dende o primeiro momento quixeron facer algo máis que un simple obradoiro. Representan mañá en Narón a obra Europaz.

No cárcere de Yeserías pretendian impulsar unha experiencia teatral nova que tivese continuidade e coherencia nos seus plantexamentos, que debían ser o máis semellante posible ós habituais do mundo libre. A partir de entón prepararon arredor de 40 montaxes teatrais, dunha complexidade técnica e artística que foi en aumento paulatinamente. Cinco teatros de Galicia consideraron que esta é unha experiencia moi positiva de traballo para a reinserción das presas. Fixeron un convenio co Grupo de Teatro Yeses, ubicado no Centro Penitenciario de Madrid I Mulleres en Alcalá de Henares. Este grupo fará unha representación teatral no PAZO DA CULTURA DE NARÓN mañá VENRES, 21 DE MAIO, ÁS 20:30 HORAS, do espectáculo “Europaz”.

Sociedade