Presas fáciles, o libro sobre as preferentes de Miguelanxo Prado

Presas fáciles, o libro sobre as preferentes de Miguelanxo Prado

20 de Xullo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Presas fáciles” é o meu libro máis funcional, no que hai menos concesións ao preciosismo, afirma o debuxante Miguelanxo Prado arredor da súa última obra, publicada en galego por El Patito Editorial e en castelán por Norma. Nesta novela gráfica, Prado aborda a historia das “preferentes”.

Asegurao así nunha entrevista publicada no último número da revista “Tempos Novos”. "Presas fáciles" é unha novela gráfica, coa narración dunha investigación policial co transfondo da banca, as "preferentes" e os desafiuzamentos. A inspectora Olga Tabares e o seu compañeiro, o inspector Carlos Sotillo, investigan unha serie de mortes de persoas que traballan en banca. Nos últimos anos, as democracias modernas, baseadas no "contrato social" emanado da Revolución Francesa, fixeron abandono de funcións no seu deber de protexer e defender aos seus cidadáns fronte á voracidade dos poderes financeiros e económicos, rompendo así¬, unilateralmente, ese pacto fundamental que garante a paz social. E cando un acordo rompe, a outra parte sente enganada, decepcionada e liberada de todo compromiso. O risco de que alguén decida tomarse a xustiza pola súa man é, entón, moi alto. E a posibilidade de que feitos como estes convértanse en mecha dunha revolta social non debería subestimarse. Ese é o conflito moral no que se atopa a inspectora Tabares cando pescuda quen está detrás dos asasinatos que investiga.

Sociedade