Presentación de “Un home, un escenario”, novo disco de Xan Solo

Presentación de “Un home, un escenario”, novo disco de Xan Solo

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O artista Xan Solo presenta "Un home, un escenario”, ás dez desta noite, no Café Bar “As Dúas”,de Santiago de Compostela. Os quince temas que forman este disco graváronse nunha actuacion en directo o pasado mes de maio na Sala Rinconete de Madrid. En tres dos temas do concerto colabora Justo Lera á guitarra e é tamén o responsable da edición do disco (Justosongstudio).

"Un home, un escenario"” achega ao público a peculiar posta en escea de Xan Solo. O barcalés é un artista multidisciplinar, que combina nas súas actuacións a maxia e a improvisación do teatro, coa ironía e o sarcasmo que desprenden os seus versos musicados, os seus temas absurdos e cheos de sentido a un tempo, que engancha ao público desde o primeiro minuto.  

www.xansolo.blogspot.com 

Sociedade