Presentación do catálogo en setembro

Presentación do catálogo en setembro
15 de Agosto, 2023 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

A presentación do catálogo da exposición Arte e trastornos mentais realizarase finalmente a comezos de setembro, en data que se anunciará nos próximos dias segundo comunican o laboratorio Laudas Calamity e Son Radiofusión. O acto estaba inicialmente previsto para este mércores 16 de agosto ás 12 do mediodia na Casa da Cultura de Fene pero finalmente ven de ser aprazado.

Fotografia Xan Xe

A exposición Arte e trastornos mentais clausúrase este xoves tal e como estaba previsto. O pasado luns a comisaria da mostra Laura Bouza realizou unha visita guiada á exposición, dando conta dos significados das obras artísticas que integran o conxunto. 

 

Fotografía Xan Xe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora