Presentan alegacións contra a ampliación do aeroporto de Alvedro

Presentan alegacións contra a ampliación do aeroporto de Alvedro

19 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A prevista ampliación do aeroporto de Alvedro conlevaría un brutal impacto paisaxístico e territorial, segundo as alegacións presentadas á obra. Entidades ecoloxistas, veciñais e Concellos coinciden en sinalar como innecesaria a prolongación da pista de aterraxe en 400 metros.

Os Concellos de Culleredo, Cerceda, Cambre e Oleiros suscriben os plantexamentos da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) salientando que a obra viría duplicar o tráfego de aeronaves, ruído e polución sobre a área metropolitana da Coruña. As alegacións ecoloxistas salientan que as obras se prolongarían durante 2 anos, remexendo máis de 4 millóns e medio de metros cúbicos de terra e rochas para criar un talude de máis de 40 metros de alto. ADEGA sospeita que os arrastres da obra rematarán na ría do Burgo, supoñendo a puntilla definitiva para este castigado entorno. Califican a ampliación do aeroporto de Alvedro de "faraónica e delirante" e pregúntanse a quen beneficia a obra, cando está a piques de chegar o AVE á comarca da Coruña.

 

Sociedade