Presentan o raxo do Pazo de Barallobre

Presentan o raxo do Pazo de Barallobre

21 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Racións de “Raxo do Pazo de Barallobre” en homenaxe e lembranza da señorial edificación emblemática da comarca de Bezoucos. O Restaurante Tortoni de Fene presenta ese prato acompañado de pementos cultivados na zona dos Carballás na parroquia de Barallobre. Ata o vintecatro de setembro, o establecemento obsequiará cunha ración  de pementos da variedade do Couto, a todos os clientes que degusten o raxo do Pazo de Barallobre, prepar

O Tortoni preparou no pasado mes de xullo o "bonito ao xeito de Fene", especialidade que colleitou unha moi boa resposta da clientela do establecemento. Daquela pretendiase recuperar a tradición mariñeira de Fene e agora -continuando na mesma liña - quérese honrar á memoria dunha edificación derribada en 1978, pero que permaneceu presente na memoria da cidadanía da comarca.

Fernando de Lago e Obaña construiu o Pazo de Barallobre en 1591. Contaba cunha capela, un escudo coas armas da familia e cunha galería con vistas á ría de Ferrol. Un xardín con variadas e exóticas especies arboreas rodeaba o edificio principal e a vivenda dos caseiros. A última señora do Pazo, Emilia Jaspe Moscoso, morreu a comezos da década dos sesenta do século pasado na Coruña.

Sociedade