Presentan un libro sobre a historia do Antroido en Fene

Presentan un libro sobre a historia do Antroido en Fene

24 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Fene vai de Antroido" encerra nas suas páxinas un traballo de carácter xornalístico. Recolle testemuñas orais, escritas e gráficas do que foi no pasado e de como evolucionou ata o presente a festa do carnaval no concello de Fene. Remóntase aos primeiros anos do século XX e remata na actualidade. O texto trata de explicar os cambios experimentados na celebración da festa da risa dende que era un acontecemento espontáne

Para recuperar esa historia do patrimonio cultural fenés hai persoas clave das que se bota man neste traballo editado pola Asociación Cultural O Tadetas. Xoan Rodriguez Carballo (Tadetas), o cronista José Benito Puentes, e un concelleiro da Corporación de 1979, Andrés Gonzalez Vizoso, son algunhas das fontes que serviron de fio conductor deste libro que recopila ademáis unha ampla cantidade de material gráfico custodiado polo proprio concello e pola comisión civil organizadora da festa.

A publicación, iniciativa da recén creada Asociación Cultural O Tadetas, pretende rendir homenaxe a este personaxe que foi clave na recuperación da festa do antroido na localidade en pleno réxime franquista. Interesante pode resultar para os lectores comprobar como Fene soubo adaptar a festa aos novos tempos, conservando aqueles elementos que eran propios dunha sociedade que xa non existe. O meco Anton, a figura da viuva, o cadaleito, o testamento, a orquestra local, a queima no rio...conviven felizmente en Fene co moderno carnaval das comparsas. Quizás encontremos a explicación do porqué nas páxinas de "Fene vai de Antroido".

Sociedade