Presentan unha guía sobre cómo facer un pódcast

Presentan unha guía sobre cómo facer un pódcast
15 de Xuño, 2023 - 11:22 h. | Publicada por Radio Neria

 Unha guía sobre cómo facer un pódcast preséntase este venres en Corcubión. No acto participaran representantes do movemento asociativo e dos grupos políticos de Corcubión, Cee e Fisterra. Será de entrada de balde e repartiránse exemplares da publicación entre as persoas asistentes. Intervirán o coordenador de Radio Neria Toño Casais e o director de Radiofusión Henrique Sanfiz. Comezará as sete da tarde no Clube Marítimo Carrumeiro.

Castelo de Santa Cruz. Oleiros. Programa Onda ODS. 15 de xullo de 2022

A publicación denomínase "Comunicándonos. Guía práctica para a elaboración de contidos audiovisuais e pódcast relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel" e foi editada polo proxecto Onda ODS Empeza por ti, coa participación das asociacións de Emisoras Municipais de Galicia, Andalucía, Catalunya e a Rede de Medios Comunitarios e a axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Diríxese a persoas interesadas en comunicar con valores, convencidas da necesidade de cambiar o rumbo cara a unha sociedade máis xusta e máis responsable fronte á emerxencia climática e as desigualdades. Pretenden facilitar a "apropiación" das novas ferramentas e códigos comunicativos que nos achega a dixitalización. Salientan que a colaboración "é clave no mundo post-pandemia" para planificar unha comunicación que impulse unha verdadeira cultura de paz e que facilite a creación de relatos para un mundo respectuoso coas nosas contornas ambientais, sociais e culturais, desde a proximidade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora