A presenza do piloto Javier Izquierdo, a aposta forte das VI xornadas aéreas de Narón

A presenza do piloto Javier Izquierdo, a aposta forte das VI xornadas aéreas de Narón

20 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Club Aeromodelismo de Narón- A Pombiña celebra esta fin de semana as VI xornadas aéreas de Narón. Un campionato de vós de exhibición que contará coa presenza de  grandes pilotos de toda España. Diferente artefactos voadores farán as delicias do público asistente.

Os avións que participarán nas VI xornadas aéreas de Narón son moi diversos.  Avións de turbinas, de gasolina, de reacción ou veleiros. Cada un deles adaptados a probas diferentes como maquetas, acrobacia, gran escala ou helicópteros.

 O campionato contará con participantes de prestixio. A Secretaria do Clube de Aeromodelismo de Narón, Maritxell Pumariega, destacou para radiofusion a participación de Javier Izquierdo, recente gañador cunha turbina BAE dos campionatos internacionáis celebrados en Francia.
 

A pista de Pedroso ao lado da Igrexa da O acollerá unha gran churrascada . Será o domingo ao remate da competición, como fin de festa do campionato.

Deportes