Prexubilados en Navantia Fene

Prexubilados en Navantia Fene
05 de Decembro, 2018 - 12:12 h. | Publicada por Radio Fene

Navantia propón prexubilar a 2.200 empregados e contratar 1.658. Na ria de Ferrol retiraríanse arredor de 1.100 traballadores conforme vaian cumprindo sesenta e un anos ata o 2022. No estaleiro de Fene sairían 135 empregados nos dous primeiros anos.

Navantia contrataría novos traballadores ata un total de 1.658 no conxunto da empresa. Crearíanse na comarca arredor de 800 empregos con incorporacións escalonadas. Serían arredor de 250 en 2019, 250 no 2020, 200 en 2021 e 150 en 2022.  A compañía salienta que a previsión de emprego podería ser maior cando Navantia entre en beneficios. A empresa inclúe na proposta un plan de investimentos destinados á transformación dixital, modernización de estaleiros e novas tecnoloxías. A oferta será agora sometida a opinión dos traballadores.

Navantia suma 5.283 empregados nos seus sete centros de traballo (Ferrol, Fene, Cádiz, Cartaxena, San Fernando, Puerto Real e as oficinas de Madrid). A idade media da factoría de Fene é de 59 anos, mentres que a de Ferrol alcanza os 55. Os datos que manexa a empresa pon de manifesto que 2.200 traballadores estarían en idade de xubilación no próximos catro anos, dos que 1.100 serían das factorías galegas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora