Prezos altos e vidas caras

Os prezos teñen que subir porque hai temporais, menos capturas e a xente do mar arrisca a vida.
21 de Decembro, 2018 - 11:17 h. | Publicada por Radio Fene

Peixería A Greta ten menos encargas das que quixera nestas datas do Nadal. O peixe sapo, un dos máis demandados nestas datas, vai hoxe a 20€ o kilo.

ESCOITA O PODCAST:

Os mariñeiros arriscan nestas datas a pesar do mal tempo. Hai demanda, o produto cotízase e é cando se pode sacar algo de cartos. O patrón dun barco morreu onte en Malpica. Tres mariñeiros faleceron o mércores ao afundirse o seu pesqueiro a altura de Fisterra e outro morreu en Malpica. Non se fala doutra cousa na lonxa da Coruña, segundo Alberto Pazo da peixería A Greta de Fene. O temporal na mar disminue as capturas e polo tanto o prezo sube. É unha regla matemática a aplicar ao peixe e o marisco nestas datas.
Peixería A Greta ten menos encargas das que quixera nestas datas do Nadal. Venden pescada do pincho a 14 euros o quilo, peixe sapo branco a 20 euros, o peixe sapo negro a 30 euros a peza e a bertorella a 12 euros o quilo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora