ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A ponencia-obradoiro “Busca de emprego: a importancia da formación” será impartida por Marisol Vázquez Suárez, licenciada en Relacións Laborais e Postgrao en Especialización en Práctica Laboral e Recursos Humanos pola USC; a outra ponencia-obradoiro, “Como abordar a busca de emprego en tempo de crise” será impartida por Elisa Rodríguez Hernández, licenciada en Psicoloxía Industrial pola Universidade Complutense de Madrid, e ata o 2009, xerente de Desenvolvemento de Recursos Humanos de R Cable e Telecom.
Na feira colaboran as entidades que integran o Pacto Local polo Emprego e ten como finalidade servir de punto de encontro entre as empresas ofertantes de emprego e as persoas demandantes de postos de traballo, facilitando os procesos de inserción laboral. A feira está dirixida a persoas desempregadas ou que procuren unha mellora do emprego e a empresas que precisen incorporar persoal. As persoas e entidades interesadas en participar poden informarse no espazo web da feira www.feiradoempregosantiago.org.