A primeira pedra

A primeira pedra
05 de Decembro, 2019 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación de Fene aprobou a reprobación do grupo de goberno do PP. BNG, PSOE e EU coincidiron en reclamar a dimisión do alcalde tras ser condenado por un delito contra a seguridade viaria. Gumersindo Galego pediu disculpas diante dun salón ateigado de público pero destacou que  a condena non leva implícita a inhabilitación para cargo público.

ESCOITA O PODCAST:

Numeroso público asistiu ao pleno de Fene. O anuncio das mocións de reprobación do alcalde fixo de efecto chamada. O alcalde abríu a sesión pedindo perdón polo ocurrido. Explicou que cumpriu a sanción que lle impuxeron- 200 dias sen carnet de conducir e 600 euros- . Chamou a atención sobre que non se lle inhabilitou para cargo público, por iso pensa seguir traballando desde a alcaldía. Agradeceu a solidaridade que recibiu de moita xente e . A corporación debatiu conxuntamente as dúas mocións, a do PSOE e a de BNG-EU.

A portavoz do PSOE abríu a carpeta describindo os motivos polos que pedían a reprobación de Gumersindo Galego, que van máis alá que a condena pola infracción viaria. Alegou deixadez das obrigas, falta de transparencia e acoso aos traballadores. Mar Piñeiro pediu finalmente a dimisión do alcalde e, de non ser así, “tomaremos as medidas que consideremos pertinentes”. O portavoz nacionalista, Juventino Trigo, explicou que os concellos son as administración máis cercana ao povo. Os seus membros elixidos, engadiu, teñen obrigas. Chegados aí, Trigo reprobou o gobernó do PP “por errático, por unha xestión de despilfarro e oscurantista e pola parálise”. Rematou coa condena polo delicto contra a seguridade viaria.  O BNG solicitou ao pleno, reprobar a acción xeral de goberno e esixir a dimisión do alcalde.

EU centrouse máis na xestión de goberno dos populares. Na súa intervención M. Carmen Martínez, preguntouse porqué Galego se da de baixa do PP para non perxudicar ao partidp pero non da alcaldía. A portavoz do PP defendeu que a atención do goberno á área de servizos é inmediata e impecable coas necesidades dos vecinos. Rocío Bértoa fixo unha defensa da xestión económica municipal e citou os Orzamentos do 2019 aprobados en tempo.  Recordou as melloras nos centros escolares e a actitude do   alcalde na defensa dos médicos para os centros de saúde, o apoio aos mariscadores, as bolsas de emprego, etc…Bértoa citou numerosas obras executadas polo seu goberno para demostrar que sí están activos. Defendeu o traballo que tildou de exemplar e intachable de Gumersindo Galego . “O que estea libre de pecado que tire a primeira pedra”, sentenciou a portavoz popular. A Juventino Trigo replicoulle que “cando era alcalde foi incapaz ata de consensuar cos seus socios de goberno”. “ Sobre moralidade vostede non pode dar leccións” espetou Rocio Bértoa e lembroulle a sentencia contra el por “secuestrar a alcaldía de Fene e aferrarse ao cargo”. “Que as súas ansias de volver á alcaldía non lle impidan ver máis aló” sentenciou a portavoz popular.

Institucional

Publica o teu comentario agora