As primeiras panxoliñas

Soarán hoxe e mañá en Fene
20 de Decembro, 2019 - 09:45 h. | Publicada por Radio Fene

Dous concertos de Nadal hoxe venres 20 en Fene. O da escola municipal de música e o do Coro Son Elas. Fene e Magalofes acollen as primeiras panxoliñas.

A programación cultural de Nadal deseñada polo Concello de Fene continúa este venres 20 de decembro con doble cita musical. Así, ás 17 horas, no salón de actos da Casa da Cultura, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Solfexo e Piano ofrecerán o tradicional Concerto de Nadal, con entrada libre e de balde ata completar aforo e, ás 19 horas. Na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Magalofes, o coro Son Elas protagonizará un concerto cun repertorio moi navideño. Este último está formado na súa totalidade por mulleres, unidas por unha única paixón: a música. Realizan adaptacións de temas de diferentes estilos, variados e  contemporáneos, a maioría versionados en lingua galega. O nome “Son Elas” xurdiu cunha dobre condición: ser mulleres e gustarlles a música, cun certo aire reivindicativo do papel da muller na sociedade. Temas como “Quen poidera namorala” de Luís Emilio Batallán, “Lela” de Castelao, “A quen lle importa” de Alaska, “Like a prayer” de Madonna, “Make you feel my love” de Adele... sairán da voz das mulleres do Coro Son Elas. (Na imaxe, a directora do coro, Niurka Carbonell).

Festival Municipal de Panxoliñas.

O sábado 21 chega o Festival municipal de Panxoliñas. Cumplirá 19 anos en Maniños. Itinerante como é, este ano tocalle a esta parroquia de Fene recibir a todas e cada unha das corais e rondallas, na igrexa nova: Tradicoro, Estrelecer, Perla del Río, Coral Eterna xuventude, Agarimo, a Coral de San Valentín e a anfitriona do Pote de Maniños. Este comenzará ás 20.h.

Cultura

Publica o teu comentario agora